A formación diferénciate

A través deste buscador podes acceder á formación gratuíta que che axudará a avanzar na túa carreira profesional. Só tes que encher o formulario que aparece ao realizar a consulta e que chegará ao centro de formación correspondente, ou podes contactar directamente co centro. É compatible coa formación bonificada que realices no teu posto de traballo e non ten ningún custo para a túa empresa.

Se marcas a opción “Certificado de profesionalidade” accederás a cursos dirixidos á obtención de acreditacións oficiais que certifican que posúes a cualificación necesaria para desenvolver unha actividade laboral.


    • Se vai participar nun curso do buscador, informámoslle que a súa demanda de emprego e/ou de servizos vai adquirir novas condicións con motivo da súa participación nunha acción formativa subvencionada ao abeiro dalgunha das resolucións do Servizo Público de Emprego Estatal, para a execución de plans de formación e de programas específicos de ámbito estatal en aplicación da Orde TAS/718/2008, do 7 de marzo e a Orde TMS/368/2019, do 28 de marzo:

      • No momento no que o seu Servizo Público de Emprego reciba a comunicación da Entidade onde vostede realiza o curso, sobre a súa incorporación a este, a súa demanda pasará á situación de “suspensión sen intermediación”. Nesta situación, vostede non terá a obriga de renovar a súa demanda e estará suspendida, temporalmente, a súa participación nos servizos ofrecidos polo seu Servizo Público de Emprego. Non obstante, se a data prevista de renovación da súa demanda está entre os 10 días seguintes á súa incorporación ao curso, pode acontecer que a súa demanda aínda non pasase á situación de suspensión, polo que deberá renovala. Se durante a realización do curso, vostede quere seguir sendo candidato a ofertas de emprego e ao resto de servizos dos Servizos Públicos de Emprego, debe comunicalo á súa Oficina de Emprego.
      • No caso de que vostede, por calquera causa, abandone o curso antes de que este finalice, debe acudir á súa oficina de emprego para solicitar que a súa demanda de emprego deixe de estar suspendida, e de novo poida acceder aos servizos ofrecidos polo Servizo Público de Emprego. No seu caso, facilitaráselle unha nova tarxeta de demanda na que consten as datas nas que debe acudir a renovar a súa demanda.
      • Unha vez finalizado o curso debe acudir vostede, á maior brevidade posible, á súa oficina de emprego co documento acreditativo da realización do curso, para asegurarse de que esta formación se incorporou adecuadamente aos seus datos profesionais e para que a situación da súa demanda sexa actualizada, facilitándoselle, se corresponde, unha nova tarxeta de demanda na que consten as datas nas que debe acudir a renovala.

      Poñemos no seu coñecemento que, en caso de que non acuda á súa oficina despois de abandonar ou finalizar o curso, a súa demanda poderá causar baixa.

      Para aclaración de calquera dúbida sobre este asunto, diríxase á súa oficina de emprego.

      Consulta en cada convocatoria o documento "Información Importante para persoas desempregadas inscritas nos Servizos Públicos de Emprego"

  • Buscador de cursos